Friday 26 de April de 2024

A alumna do IES de Brión Sara Picos Gómez, recolle en Bruxelas o premio “Juvenes Translatores” da Comisión Europea


 

A conselleira de Ensino, Yolanda Bouzas, destaca que “é o segundo ano seguido no que a mellor tradución de España sae do IES de Brión, o que demostra a calidade do ensino que se imparte no municipio”

O Concello de Brión felicita a Sara Picos Gómez, alumna do IES de Brión, que vén de recoller en Bruxelas o seu premio na edición número doce concurso “Juvenes Translatores”, que convoca a Comisión Europea e ao que se presentaron 3.252 persoas de 751 centros escolares de toda a Unión Europea. A concelleira de Ensino de Brión, Yolanda Bouzas, destaca que “é o segundo ano seguido no que a mellor tradución de España sae do IES de Brión, o que demostra a calidade do ensino que se imparte no municipio e polo que temos que felicitar tanto a Sara Picos como á comunidade educativa do IES de Brión”.

Sara Picos recolleu o premio de mans de Günther H. Oettinger, comisario europeo de Programación Financeira e Orzamentos; e Rytis Martikonis, director xeral da Dirección Xeral de Tradución. A alumna do IES Brión acudiu a Bruxelas acompañada pola súa profesora Bernice Finn Kieran, que xa o ano pasado viaxara a Bruxelas canda Pablo Villar Abeijón, alumno brionés que gañou a undécima edición do “Juvenes Translatores”.

Sara explica que “decidí participar en Juvenes Translatores porque es una buena manera de promover la diversidad lingüística y cultural. Siempre me han gustado los idiomas y creo que son esenciales para el desarrollo personal. Son realmente útiles en todas las áreas profesionales y también permiten un gran intercambio cultural entre personas de diferentes nacionalidades”. Foi distinguida por unha tradución do inglés ao castelán, pero tamén fala galego e francés, e entende o portugués.

Futura enxeñeira

A alumna do IES Brión apunta que “aunque no lo hago muy a menudo, me encanta viajar. Me gustaría visitar los países escandinavos, especialmente Suecia y Finlandia, ya que estoy enamorada de su cultura y paisaje”. De cara ao futuro, indica que “me gustaría trabajar en algo relacionado con la ingeniería porque me encanta encontrar soluciones a través de la ciencia. También tengo una pasión por la astronomía y la robótica”. De feito, Sara Picos formou parte do equipo BrionXBOT, que gañou o primeiro premio do concurso “Sensores 2018” de IGACIENCIA e o premio “Desafío programación” nos “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D”, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Sara considérase “una persona curiosa y creativa que disfruta aprender sobre cualquier cosa. Me encanta el baloncesto, el deporte que llevo practicando desde los 6 años. En mi tiempo libre me gusta salir con mis amigos. También me encanta escuchar música y sentir algún tipo de magia”, sendo “Queen” a súa banda favorita. Este non é o primeiro premio nacional que recolle Sara Picos, que en 2017 gañou o IV Concurso Científico Literario da Escola de Máster e Doutorado da Universidade da Rioja, cando cursaba 4º da ESO no Instituto de Ames.